IniciosociedadeSober avanza no saneamento de Suairexa, Neiras e Arxemil

Sober avanza no saneamento de Suairexa, Neiras e Arxemil

As obras, financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación de 2019, van a bo ritmo e está previsto que estean finalizadas no prazo dun mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober avanza nos traballos da rede de saneamento e depuración de augas en Suairexa-Neiras e Arxemil. “As obras van a bo ritmo e está previsto que estean finalizadas no prazo dun mes”, explica o alcalde, Luis Fernández Guitián.

O proxecto de Suairexa contempla a instalación da depuradora e o enganche dende todas as vivendas do lugar coa rede de saneamento. No caso de Arxemil, as actuacións forman parte dunha primeira fase, que ademais da colocación da depuradora, prevé o enganche á rede para os lugares de A Boca e Os Navas.

O alcalde adianta que “o Concello de Sober dispón xa dos proxectos para dar continuidade a ambas as redes”. No caso de Neiras verterá á mesma depuradora o saneamento do lugar de O Ventorrillo e, no caso de Arxemil, a rede continuará coa conexión dos lugares de O Toxedo, Arxemil, O Couto, A Barreira, Vixilde e Camilo.

As actuacións en marcha contan cun orzamento de preto de 200.000 euros e son financiadas con cargo o Plan Único da Deputación de 2019. 

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...