Un río Cabe en estado crítico segundo o PP de Monforte

O Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos anuncia que presentará unha iniciativa no vindeiro Pleno para, en primeiro lugar, pedir explicacións sobre “o crítico” estado no que atopa o río Cabe pola existencia de vertidos fecais en diversas zonas da cunca fluvial.

Segundo o PP a situación do río Cabe a roza un problema de salubridade pública. A voceira, Katy Varela, considera que o alcalde “non pode seguir mirando para outro lado ou buscar escusas, senón que ten que actuar coa máxima axilidade porque os monfortinos non podemos seguir deste xeito”. “Ten que impulsar medidas provisionais e non explicar que existe un convenio para a construción dun sendeiro, cofinanciado pola Deputación, o ministerio de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica e o propio Concello. O que ten que facer e falar coas mesmas administracións e artellar unha solución inmediata, custe o que custe”, insiste.

O non actuar, aseguran desde o PP, está a provocar que se limite tamén a actividade que xera o propio río, como pode ser a práctica de actividades fluviais. “O Cabe é un do ríos máis importantes da provincia e é un reclamo para moitos visitantes e incluso para os monfortinos que pasean a a diario polas súas inmediacións. Non pode ser que estea nestas condicións e que os piragüistas teñan que buscar outro lugar para adestrar”, insiste Katy Varela. 

A popular fai estas valoracións, alertando de que o problema pode chegar a ser aínda maior se se producise unha inundación que levaría estes residuos a outras zonas. E é que o Concello tamén ten sen limpar os afluentes do Cabe. “Foi o que pasou, dixo, cunha riada acontecida hai uns meses, e que coa intensidade das augas derrubou a ponte existente”.

“O goberno ten que dar a cara xa. Explicar que pactos ten cos seu colegas socialistas que están noutras administracións e erradicar esta situación xa que é perfectamente denunciable. Pedímoslle que abandone a garabata e baixe ao terreo porque, ademais, a falta dunha zona de baño pública, a causa tamén do estado do río, obriga aos monfortinos a trasladarse a outros lugares da comarca”. conclúe Varela.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here