IniciosociedadeMonforte recupera a fonte de Rozavales

Monforte recupera a fonte de Rozavales

A fonte de Rozavales construíuse no ano 1.960 e foi moi utilizada polos veciños desta parroquia durante décadas. Na actualidade, e debido á diminución da poboación, a fonte deixouse de utilizar e abandonouse progresivamente ata chegar á situación de deterioro actual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte posúe diversas fontes públicas espalladas por toda a súa xeografía, algunhas das cales sitúanse nos núcleos rurais. Unha das máis importantes é a situada no núcleo rural de A Fonte, na parroquia de Rozavales, sobre a que se acometen obras de mellora. Destínanse 16.633,27 euros, e contan cun prazo de execución de 4 semanas.

A fonte consta de tres partes diferenciadas. Por unha banda a fonte propiamente dita, cun frontón realizado en muro de pedra e ladrillo con acabado enfoscado. Doutra banda, un lavadoiro con cuberta de estrutura de madeira e pranchas de fibrocemento. O terceiro elemento é unha caseta de bloques de formigón sen revestir e que alberga un pozo de auga no seu interior.

As actuacións de mellora que se levarán a cabo na fonte consisten na limpeza da mesma e do lavadoiro, a reparación dos muros de morteiro de cemento e o seu posterior pintado, a recuperación das canalizacións de auga así como o saneamento da zona con tuberías de PVC soterradas. 

Así mesmo, no lavadoiro desmontarase a cuberta de fibrocemento actual e a estrutura de madeira que a sustenta, xa que se atopa en mal estado, e substituirase por unha nova estrutura de madeira de castiñeiro.

Doutra banda, o terceiro elemento da fonte, a caseta de bloques de formigón revestirase con morteiro de cemento e o seu posterior pintado, e na súa cuberta colocarase teza cerámica curva. Para rematar, na contorna máis inmediata da fonte colocarase un pavimento de formigón impreso, unha vez saneada a zona e reenchida con material drenante

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...