Unha xunta reitora para a residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

O BNG de Sarria rexistrou unha moción na que demanda ao goberno local que constitúa e convoque a xunta reitora do Organismo Autónomo da Residencia de Maiores A Nosa Señora do Carme, que leva máis dun ano fóra de control democrático.

Soidade do ancián / cuidateplus.marca.com

A formación nacionalista reclama o restablecemento do funcionamento democrático na xestión do centro que “leva desde o inicio da lexislatura fóra do control político, unha situación que non se dera en ningunha das lexislaturas anteriores, con diferentes cores políticas á cabeza do goberno e con distintos repartos da maioría no pleno”, segundo explicou o voceiro, Efrén Castro.

Ante a negativa do goberno municipal a chegar a un acordo para crear a xunta reitora, a moción do BNG propon unha modificación dos estatutos do Organismo Autónomo que permita ao Pleno municipal constituír a xunta reitora cun reparto de membros axustado aos resultados das ultimas eleccións”.

O voceiro nacionalista Efrén Castro cirticou que o alcalde “se aferre a unha interpretación literal dos estatutos para bloquear a creación da xunta reitora, alargando unha situación antidemocrática por máis dun ano” para “evitar a fiscalización de asuntos moi controvertidos como a ausencia de dirección do centro, o nomeamento do posto de gobernanta sen tramitación algunha e varios conflitos sindicais”

O concelleiro amosouse convencido de que a iniciativa sairá adiante no pleno do vindeiro xoves “a moción está na liña do expresado polo noso grupo e polo resto das formacións, polo tanto cremos que será aprobada pero tamén estamos dispostos a modificar o texto proposto, sempre que se cumpra o obxectivo de representar as maiorías saídas urnas”. “Non imos permitir que se prolongue máis no tempo unha situación tan grave, volveremos traer a democracia ao Organismo Autónomo”, concluíu.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here