O centro de saúde da Barrela sen asistencia médica segundo o PSOE

A voceira do PSOE en Carballedo, Isabel González denuncia que o centro de saúde da Barrela quedou completamente baleiro, sen asistencia médica, xa que non se cubriron as vacacións dun facultativo e a outra está en corentena.

Centro de saúde A Barrela / veredes.es

Segundo a voceira socialista este luns, no centro de saúde non había ningún médico para atender á veciñanza, “alí explicáronme que si había algunha urxencia na vila debería trasladarse ao centro de saúde de Chantada”.

Así as cousas González advirte que o Goberno de Feijóo deixou unha vez máis en evidencia a cobertura sanitaria na nosa vila. “Primeiro co peche do consultorio de Carballedo, onde coa xubilación dun médico, aproveitaron para recortar persoal trasladando a todos os usuarios ao centro da Barrela, e agora non cubren as prazas dos dous sanitarios deste centro médico”, dixo.

A voceira socialista lamenta “a pouca falla de previsión do PP no eido sanitario. Somos un Concello do interior lugués que conta con máis de 2.000 habitantes, moitas das nosas veciñas e veciños non teñen recursos económicos para trasladarse a outros concellos para poder ser atendidos. Por iso emprazamos ao Goberno de Feijóo a actuar xa, merecemos unha atención sanitaria digna”, afirma.

Na vindeira sesión plenaria os socialistas presentarán unha iniciativa para que o Concello de Carballedo inste á Xunta, a que no menor tempo posible solvente esta situación.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here