IniciosociedadeAs festas de Sober en tempos de Covid19

As festas de Sober en tempos de Covid19

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A situación sanitaria xeral trae consigo que este ano non haxa Festas do Carme en Sober tal e como se viñan celebrando nos últimos anos.


Por iso o Concello preparou unha programación cultural e relixiosa que substitúe ás tradicionais Festas. Haberá misa solemne os dous días, o sábado 19 e o domingo 20, na Igrexa Nova ás 13.00, música e dous espectáculos familiares, os dous na Praza do Toural ás 19.00 horas. O domingo haberá pasarrúas coa Banda e Música de Sober e a de Chantada.


O Goberno local recorda a importancia de seguir cumprindo coas normas hixiénico-sanitarias, como gardar a distancia, o lavado frecuente de mans e o uso da máscara.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...