InicioComarca de SarriaO Incio homenaxea aos maiores que resisten, aos que xa non están...

O Incio homenaxea aos maiores que resisten, aos que xa non están e “aos heroes sen aplausos”

A escritora Marica Campo, natural do municipio, leu un manifesto de apoio bautizado como 'Chamando pola primavera'--, no que incluíu un "recordo sentido" a quen xa non están.

Publicado o

- Advertisement -

Decenas de veciños do Incio participaron este sábado nun acto de homenaxe aos usuarios e traballadores da residencia da localidade, un dos centros xeriátricos galegos nos que máis impactou a pandemia –aínda con 58 usuarios e 35 traballadores afectados–.

Os veciños desprazáronse ás portas da residencia con pancartas nas que podía lerse ‘O pobo do Incio está convosco. Moito ánimo e forza’. E o acto finalizou cun sonoro aplauso, que foi contestado tamén desde a residencia despregando unha pancarta na que podía lerse ‘grazas’.

A escritora Marica Campo, natural do municipio, leu un manifesto de apoio bautizado como ‘Chamando pola primavera‘–, no que incluíu un “recordo sentido” a quen xa non están. “As nosas condolencias ás súas familias e a esta outra, a constituída polos usuarios e traballadores da residencia”, transmitiu.

Apoio na residencia / Concello do Incio

O manifesto invocou “a primavera” e trasladou a usuarios e traballadores que O Incio, “unido”, quérelles trasladar que, aínda que estean confinados, acompáñalles o recordo dos seus veciños e o seu “máis sincero desexo de saúde. “Porque os necesitamos e querémolos, aínda que non os podamos nomear un a un. E porque temos unha débeda con vostedes por canto loitaron en tempos ben difíciles“, engadiu.

“HEROES SEN APLAUSOS” E UNHA DEMANDA: MÁIS RECURSOS

Marica Campo proclamou que “non existe futuro sen a memoria” que dos demais “gardan e representan” as persoas maiores. “E esta ‘Terra Brava’, como a chamou Fole, que tanta riqueza natural e humana encerra, aínda que ten unha poboación envellecida, rexurdirá inxectada de sangue novo, porque por iso loita e así o merece“, aseverou.

Tamén recalcou o “agradecemento” aos traballadores da residencia, aos que erixiu en “heroes sen aplausos”. E finalmente reivindicou dos poderes públicos “máis recursos”.

O persoal deste tipo de centros non debe verse obrigado a facer xornadas esgotadoras para manter a calidade dos servizos. As persoas maiores, como os nenos, son material sensible e precísase unha paciencia e delicadeza incompatibles coa sobrecarga de traballo. É de xustiza coidar que non a teñan. Ese é o mellor recoñecemento ao seu traballo”, proclamou.

Pola súa banda, o Concello do Incio, co seu rexedor á fronte, Héctor Corujo, agradeceu a asistencia dos veciños a esta “emotiva” homenaxe.

r
Residencia e mostras de apoio / Concello do Incio

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...