IniciosociedadeO alcalde de Sarria acusa á Xunta de "incumprimentos graves" na recolocación...

O alcalde de Sarria acusa á Xunta de “incumprimentos graves” na recolocación de alumnos do centro Frei Luis de Granada

Di que a Consellería de Educacón ten que buscar unha soluciónque considere oportuna para recolocar esa aula.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, denunciou “incumprimentos” por parte da Xunta de Galicia con respecto á recolocación de parte dos alumnos do Frei Luis de Granada na Escola Fogar, que podería facer “inviable” dar clases nese escenario en canto a garantir a seguridade dos case 180 alumnos alí recolocados.

Garrido explicou que “o Concello emitiu un informe, por técnicos municipais onde puña claro a falta de accesibilidade” á Escola Fogar, onde se trasladaron as clases de infantil.

“Por tanto é un incumprimento grave, aínda que non se se a valoración é motivo ou non para pechar un centro. Débese ter en conta non discriminar a ningunha persoa pola súa discapacidade. Iso é a Xunta quen ten que garantilo. Isto debía comunicalo a Xunta e non un técnico redactor dun proxecto”, afeou despois de que o Goberno galego recoñecese nun informe esas carencias.

Outro aspecto no que reparou é que “hai un plano de evacuación de incendios que é fundamental, e hai unha aula na Escola Fogar que non o cumpre, o dos 35 metros de distancia mínima”.

“Ten que buscar unha solución a Consellería (de Educación), unha que considere oportuna para recolocar esa aula onde se poida cumprir e si non que se usen aulas móbiles, que utilicen o que sexa porque terreo no concello temos suficiente para dar esa garantía de seguridade aos alumnos e aos pais”, sinalou.

Fai nove meses os pais do Frei Luís de Granada puxéronse en pé de guerra polas “deficiencias estruturais” que presenta o edificio que alberga dito centro, e que conduciu a esa recolocación na Escola Fogar. Entre 20 e 25 pais decidiron, por este motivo, cambiar aos seus fillos de colexio.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...