Galegofobia nas redes: “es una mierda de dialecto”

Nova polémica en redes sociais ante a agresión dun usuario á lingua galega.

Captura de pantalla dunha conversa na que un mozo asegura que o galego é un 'dialecto de mierda' | Fonte: MEIGA

Tuiteiros galegos reaccionaban nas últimas xornadas á conversa privada entre un usuario de Instagram e a plataforma Medicina Intercambio Galicia (MEIGA), unha asociación de estudantes no seo da facultade da Universidade de Santiago de Compostela.

O comentado encontro produciuse logo de que o usuario en cuestión respostara a unha publicación da conta baixo a premisa de que lle falaran en castelán porque, segundo destacou, non comprendía as súas palabras. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here