Monforte reabre o seu mercado gandeiro este xoves 24

O Concello informa que a Feira do Mercado Gandeiro de Monforte abrirá de novo este xoves, 24 de setembro, ao estar controlado e estabilizado o bromo de Coronavirus de Monforte.

Monforte de Lemos / XdL

Este xoves, 24 de setembro, abrirá a Feira do Mercado Gandeiro de Monforte, restablecéndose así este evento mensual, logo de que tivera que ser suspendido por mor do brote da Covid-19 que afectou á cidade a finais do pasado mes de agosto.

Deste xeito, logo de contar o Concello con informes favorables do Sergas que indican que o mencionado brote de Coronavirus en Monforte está controlado e estabilizado, decidiuse volver a autorizar a celebración desta feira no mercado gandeiro monfortino.

En todo caso, dende o Concello tamén se informa que a celebración da feira levarase a cabo seguindo os protocolos de seguridade e as normas específicas de actuación determinadas polas autoridades sanitarias ante a Covid-19. 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here