IniciosociedadeSober demanda restablecer o servizo ferroviario no sur de Lugo

Sober demanda restablecer o servizo ferroviario no sur de Lugo

O pleno do concello de Sober esixe ao Ministerio de Transportes que non utilice a situación derivada da covid-19 como escusa para incidir na discriminación ferroviaria que padece a nosa Comunidade, en xeral, e en especial, a zona sur da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno do concello de Sober demanda o restablecemento inmediato de todos os servizos de tren que foron suprimidos, nomeadamente, a restitución e mesmo ampliación de frecuencias entre Lugo-Monforte-Ourense e con outros puntos de España como Madrid e Barcelona, entre outros.   

Tamén se pide o incremento do cadro de persoal de maquinistas e dotar do persoal necesario os servizos ferroviarios que se prestan nestas liñas co obxectivo de ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios. 

A moción aprobada a iniciativa do equipo de Goberno tamén pide recuperar a programación de actuacións e o cronograma que deixou encamiñado o Goberno do Partido Popular para a modernización e redución dos tempos de viaxe, coa axilización da execución das variantes de Canaval e Oural e a electrificación e mellora das vías.

O Goberno local avoga por un transporte público de calidade e pola mellora das infraestruturas que faciliten a mobilidade das persoas. Denuncian que nos últimos anos vén sendo obxecto dunha continua redución e supresión de servizos por parte do Goberno central. Esta precaria situación do transporte ferroviario en Galicia é máis extrema, se cabe, na Zona Sur da provincia de Lugo, onde Monforte de Lemos, que fora un dos nós ferroviarios de relevancia e referencia nacional, acabouse convertendo pouco máis que nun apeadeiro.  

De feito, dos 29 trens suprimidos por Renfe en Galicia, 22 afectan directamente á estación de Monforte de Lemos. 

Un servizo público esencial

O equipo de Goberno explica que, de ningunha maneira, a situación xerada pola Covid-19 pode ser utilizada como escusa polo Goberno para eliminar servizos ferroviarios na nosa Comunidade e privar aos galegos dun servizo público esencial. Tendo en conta, ademais, os graves prexuízos que supón a para a economía local dunha comarca e dunha zona, a Ribeira Sacra, que está traballando arreo para ser declarada Patrimonio da Humanidade. 

“Consideramos que a discriminación ferroviaria á que o Goberno central está sometendo esta zona limita o desenvolvemento que levará aparellada esta distinción na potenciación da riqueza ambiental, paisaxística e turística da comarca”, conclúen.

A iniciativa contou cos votos a favor do equipo de Goberno e a abstención do PSOE e AGROMA.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....