Monforte ofrece formación universitaria a maiores de 50 anos

O Concello de Monforte oferta a partir do 1 de outubro un programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Imaxe aerea de Monforte de Lemos/Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias

O programa leva por título Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Poderá inscribirse neles calquera persoa maior de 50 anos, para que non é necesario posuír ningunha formación previa específica.

O Alcalde, José Tomé Roca, salienta que “trátase dun programa de interese público co que  garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos”. Todos os interesados e interesadas poderán formalizar a súa inscrición gratuíta neste programa acudindo á Biblioteca Municipal de Monforte (Praza de España) en horario de 8 a 14 horas e cubrir o correspondente formulario de inscrición, que tamén está dispoñible na web do Concello. O prazo abrirá dende o día 1 e ata o 8 de outubro.

A metodoloxía é de corte participativa e aberta, na que os docentes universitarios desenvolveran varias sesións de docencia: teóricas unhas (de conferencia/seminario onde se pretende favorecer o dialogo e participación dos asistentes) e outras prácticas (con actividades de visita guiada, obradoiro,…) sendo unhas de corte máis humanístico, outras máis científicas e outras artísticas.

Pazo de Tor / Concello de Monforte

Programa “Camiños de coñecemento e experiencia” en Monforte

O programa de seminarios e activades prácticas desenvolverase no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) do 9 ó 21 de outubro de 2020. Dito programa contará coas seguintes actividades teóricas e prácticas:

-Seminario: Biodiversidade e Conservación 09/10/2020 16:30-18:00 h. Profa. Dra. Dna. Teresa Rodríguez López. Facultade de Veterinaria (USC)

Saída á Ribeira Sacra. 14/10/2020 16:30-18:00 h. Profa. Dra. Dna. Teresa Rodríguez López. Facultade de Veterinaria (USC) Prof. Dr. D. Emilio Carral Vilariño. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC)

-Seminario: Introdución á criminoloxía. A criminoloxía e a política criminal. 15/10/2020 16:30-18:00 h Profa. Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)

-Obradoiro práctico: A análise dunha “huella dactilar”. 16/10/2020 16:30-18:00 h Profa. Ana Moure Soengas. Facultade de CC. Políticas (USC)

– Casais, casas grandes e pazos. Un paseo pola tradición popular e fidalga monfortina. 20/10/2020 16:30-18:00 h Profa. Dna. Carolina Casal Chico. Licenciada en Hª da Arte e investigadora da Rede de Estudos Medievais da USC

Visita ó Pazo de Tor. 21/10/2020 16:30-18:00 h Profa. Dna. Carolina Casal Chico. Licenciada en Hª da Arte e investigadora da Rede de Estudos Medievais da USC

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here