Iluminación verde na Torre da Homenaxe no Día do Ostomizado

A Torre da Homenaxe de Monforte permanecerá iluminada este sábado, día 3 de outubro, en cor verde en sinal de apoio ás persoas ostomizadas.

As persoas ostomizadas son pacientes que sufriron unha ostomía, que é un orificio de saída artificial que practica un cirurxán na parede abdominal por causa de diversos diagnósticos para facilitar a saída ao exterior dos produtos de desfeito do organismo.

 “Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois é unha enfermidade que necesita ser coñecida dado que en España hai máis de 125.000 persoas ostomizadas e cada día realízanse un maior número de intervencións”, destaca o Alcalde.

Este Día Mundial ten dous obxectivos principais, por unha banda, contribuír a integrar a todos os afectados por esta operación; e, por outra banda, sensibilizar á sociedade das barreiras que teñen que superar a diario a estes pacientes.

Por esta razón, o Concello de Monforte súmase ó chamamento das asociacións que velan por estes afectados iluminando a emblemática Torre da Homenaxe de cor verde. “Deste xeito contribuiremos a facer visible esta realidade e axudar a reincorporarse á vida activa a estes pacientes pese ás limitacións que o proceso conleva”, conclúe o rexedor municipal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here