IniciosociedadeSalvemos o Malecón aposta pola Intelixencia Natural

Salvemos o Malecón aposta pola Intelixencia Natural

A plataforma Salvemos o Malecón presenta nas redes sociais a campaña de concienciación “Intelixencia Natural”. O obxectivo é visibilizar o rexeitamento á nova ponte que o concello de Monforte quere facer no Malecón. A plataforma conta na primeira entrega co xornalista, Xose Manuel Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta campaña, de igual forma que a campaña anterior, segue sendo visibilizar o rexeitamento da veciñanza de Monforte á construción da nova ponte prevista no Malecón, pero contando esta vez coa colaboración inestimable de persoeiros e líderes de opinión de Monforte e de Galicia, que prestarán a súa imaxe e a súa palabra para expresar a súa opinión sobre este proxecto nunha serie de cápsulas de vídeo que serán difundidas a través das redes sociais baixo o hastag #intelixencianatural.

No primeiro episodio, publicado este xoves, 8 de outubro, cóntase coa colaboración de Xose Manuel Pereiro, xornalista, pregoeiro das festas patronais de Monforte e actualmente Vicedecano do Colexio profesional de xornalistas de Galicia; foi fundador da Revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Lois Pereiro (Letras Galegas 2011) así como da Revista Bravú.

A plataforma espera que toda a cidadanía se sume a seguir esta campaña nas redes e se consiga o obxectivo último de evitar a construción da ponte, “Queremos facer un chamamento á cidadanía monfortina a seguir as nosas redes nos próximos días para non perder detalle da presentación desta primeira temporada de vídeos de #intelixencianatural.”

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...