IniciosociedadeAlxibeiras personalizadas para os alumnos do Incio escolarizados en Oural

Alxibeiras personalizadas para os alumnos do Incio escolarizados en Oural

O Concello do Incio vén de facerlle entrega ao alumnado da localidade escolarizado no CEIP Antonio Fernández López de Oural de alxibeiras personalizadas co nome de cada un dos nenas e nenas. O mesmo agasallo que lles foi entregado aos nenos e nenas do CEIP Ricardo Gasset do Incio ao inicio do curso escolar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, foi o encargado de entregárllelas este xoves, 15 de outubro, aos responsables do centro e da ANPA, que recibiron un total de 20 bolsiñas personalizadas cos seus nomes.

Ademais das alxibeiras que o Concello do Incio financia para os vinte nenos e nenas da localidade, o CEIP de Oural en colaboración coa ANPA fará entrega tamén deste agasallo ao resto do alumnado do centro.

O Concello do Incio pretende con este agasallo facilitar o período de adaptación ao alumnado con este material no que cada neno pode gardar as súas pertenzas. A maiores, incorpora unha bolsiña na que poden gardar as máscaras cando o precisen.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...