IniciosociedadeO día mundial contra o cancro de mama a Torre da Homenaxe...

O día mundial contra o cancro de mama a Torre da Homenaxe ilumínase de rosa

A Torre da Homenaxe de San Vicente permanecerá iluminada este luns día 19 de outubro en cor rosa en sinal de apoio ás persoas afectadas polo cancro de mama.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte sumarase aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Para elo, e como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas por este tipo de cancro, procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor rosa.

Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade. Deste xeito, o obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade, que é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres.

Neste senso, o  Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de rosa a Torre da Homenaxe, pois cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais e en España diagnostícanse ó redor de 33.307 novos cancros de mama ó ano”.

Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro de mama. Dende a AECC destácase á necesidade de informar, xa que o cancro de mama é unha enfermidade grave, pero pódese curar si se detecta a tempo. A AECC tamén ofrece servizos como atención psicolóxica, atención social e acompañamento. 

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...