O Saviñao presume de ‘pump track’

Trátase dun circuíto pensado para uso de bicicletas, skates e outros vehículos destas características.

Aspecto actual das obras da pista de 'pump track'. Foto: Concello O Saviñao

Un “pump track” é unha pista deportiva para todas as idades e sexos, cun asfalto que se caracteriza polos seus peraltados que facilitan a realización de chimpos, cambios de rasante,equilibrios, esvaramentos e velocidades. Pódese utilizar con bicicletas, skate, rollers, patíns de dúas rodas con guiador, etc.

Segundo indican fontes do propio concello, haberá unha pista principal en cor vermella e zonas exteriores de cor negra onde tamén se pode patinar arredor da pista principal. A idea non é só que roden pola pista principal senón que tamén poidan facelo por fóra dela e polo seu interior usando todo o circuíto ao completo.

A previsión é que o vindeiro martes 20 de outubro poda ser xa estreado o ‘pum track’ e os veciños e veciñas do Saviñao que queiran practicar esta modalidade de patinaxe urbana gocen da infraestrutura.

O alcalde Carlos Armesto dicía respecto desta obra o pasado día 8, nunha entrevista en Onda Cero Monforte, que “vai ter un bo tirón porque é unha obra nova, novedosa, non é unha pista que poidamos ver facilmente no noso entorno”, e engadía “ao final é un circuíto de velocidade, un circuíto de seguridade, un circuíto vial para que os nenos ben con bicicletas, ben con patinetes, ben con monopatíns coa súa sinalética, cos seus semáforos, pois para que teñen un primeiro contacto coa seguridade vial”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here