IniciosociedadeMonforte conmemora o Día Mundial contra o cancro de mama

Monforte conmemora o Día Mundial contra o cancro de mama

O Alcalde, José Tomé Roca, recibiu ás representantes da Asociación Española contra o Cancro en Monforte, e manifestoulles, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, o apoio ás persoas afectadas polo cancro de mama. Ademais, a Torre da Homenaxe de San Vicente permanece iluminada en cor rosa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama, o rexedor municipal, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e polo Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, departiu coa Delegada da AECC en Monforte, María Luisa Sobrino, quen acudiu acompañada pola psicóloga da asociación, Arantxa Vida, e pola traballadora social, Rocío Fernández

As representantes da AECC fixéronlle entrega ó Alcalde da camiseta conmemorativa deste día tan especial, coa que posaron en foto de grupo, baixo o lema “#sacapechoporellas”.

Ademais, o Concello en sinal de apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade, iluminará a Torre da Homenaxe de San Vicente de cor rosa.

Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade. Deste xeito, o obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade, que é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres.

Neste senso, o  Alcalde recordou que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de rosa a Torre da Homenaxe, pois cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais e en España diagnostícanse ó redor de 33.307 novos cancros de mama ó ano”.

Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro de mama. Dende a AECC destácase á necesidade de informar, xa que o cancro de mama é unha enfermidade grave, pero pódese curar si se detecta a tempo. A AECC tamén ofrece servizos como atención psicolóxica, atención social e acompañamento. 

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...