IniciosociedadeCogomelo de 'guinness' en Castro Caldelas

Cogomelo de ‘guinness’ en Castro Caldelas

A alcaldesa atopou estes días un exemplar de 4,5 quilos e 50 centímetros de diámetro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sara Inés Vega, alcaldesa do Concello de Castro Caldelas, atopou un cogomelo que chama a atención polo seu tamaño e así nolo quixo trasladar para dar conta da espectacularidade do mesmo.

Trátase, segundo nos di, dun fungo da familia dos “pleurotus“, especie comestible pero de pouco valor culinario. Ten un cheiro forte, pesa 4,5 quilogramos e ten 50 centímetros de diámetro.

Sara Inés chufando de cogomelo. Foto: S.I.
Vista inferior do cogomelo. Foto: S.I.

Foi atopado por ela mesma na parroquia do Burgo, en Castro Caldelas, e estaba na beira da estrada xunto con outra ducia de cogomelos tamén grandes pero lonxe do tamaño deste exemplar.

Como curiosidade, a alcaldesa achéganos a foto doutro achádego que chamou moito a atención. Foi no ano 2015, cunha “lepiota” moi fermosa atopada no lugar de San Martiño. Aquí podedes ver as dimensións do cogomelo en cuestión.

Lepiota atopada no 2015. Foto cedida por Sara Inés.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...