IniciosociedadeMúsica en clave feminina en Sarria

Música en clave feminina en Sarria

Este sábado 24 de outubro, ás oito da tarde, a Asociación Sarricanta organiza un concerto na sociedade local “La Unión”. A actuación entra dentro do Ciclo de concertos ‘Mulleres libres, sempre’ e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Coro Sarricanta quere dar a coñecer o seu papel na loita contra as inxustizas e os motivos polos que foron perseguidas nuns casos ou vilipendiadas e incomprendidas noutros. Achegándose tamén o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, buscan reivindicar ás mulleres que nos precederon ao longo dos séculos e abriron camiño ata os nosos días, lonxe da igualdade real pero sen dúbida, camiño dela.

Deste xeito, a Asociación Sarricanta, en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Cultura), organiza un concerto este sábado 24 ás 20:00 h. na sociedade “La Unión”, entidade á que lle agradecen a cesión desinteresada das súas instalacións para a realización do evento.

A actuación, a cargo da formación coral de voces femininas ‘Cantar Delas’, entra dentro do Ciclo de Concertos “Mulleres libres, sempre”. Preséntase comoun percorrido pola música dende o século XIII ata o século XX, dedicado a aquelas figuras femininas que forman parte do imaxinario colectivo e que están presentes nas nosas vidas sen saber, en moitos casos, quen foron e as razóns polas que pasaron à historia.

O concerto é de balde e cumpriranse rigorosamente as normas de seguridade e distanciamento social.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...