O cemiterio de Monforte na festividade de Defuntos e Todos os Santos

O concello de Monforte amplía o horario de apertura para os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro, sendo de 9:00 a 20:00 horas, de xeito ininterrompido.

Cemiterio de Monforte o 1 de novembro / XdL

Establecese un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar ou que sexan convivintes. A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.

O Concello abrirá distintas portas para a entrada e a saída das persoas, a fin de evitar que coincidan moita xente á vez nun mesmo acceso. Persoal municipal e efectivos da Policía Local, encargaranse do control de aforos e velarán polo cumprimento dos protocolos sanitarios establecidos.

O aforo do Cemiterio, estimado en 800 persoas, será rebaixado ó 50% da súa capacidade, polo que o seu aforo máximo será de 400 persoas. Para controlar o cumprimento deste aforo, o persoal ubicado nos accesos de entradas e saídas, computará en todo momento os movementos de persoas.

O recinto adaptarase para este aumento previsto de visitas e crearanse circuítos diferentes tanto para a entrada e saída ó Cemiterio, como no tránsito dentro do mesmo, para o cal se establecerán rutas distintas de tránsito que estarán delimitadas por vallas, e co fin de que non se cruce a xente dentro deste recinto. No caso de que se tivera que levar a cabo nestes días o enterramento ou despedida para cremación dalgunha persoa falecida, o aforo máximo restrínxese a un máximo de 25 persoas.

Haberá carteis informativos nos principais puntos de acceso ó Cemiterio, así como sinais específicas que indicarán os percorridos a seguir dentro do recinto, e o persoal municipal tamén informará das normas específicas que todos os asistentes deberán seguir a fin de previr posibles contaxios polo Coronavirus.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here