IniciosociedadeMonforte mellorará a accesibilidade á Praza de San Antonio

Monforte mellorará a accesibilidade á Praza de San Antonio

As actuacións que porá en marcha o Equipo de Goberno sobre esta praza consistirá tanto na mellora da súa accesibilidade como na reparación do seu pavimento. Para elo, contará cun investimento de 28.095,29 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra de mellora afectará á Praza Campo de San Antonio, que  está situada entre o inicio da rúa Ourense e da rúa Teceláns. En concreto, a praza obxecto destas obras é a que está situada na beira leste da Casa do Concello de Monforte.

A Praza do Campo de San Antonio está pavimentada cunha combinación de lousas e adoquíns de granito. Esta praza ten forma trapezoidal e está delimitada polo oeste coa Casa do Concello, polo leste, coa rúa Ourense, e polo norte e sur por dúas rúas co mesmo nome de Campo de San Antonio. 

A zona sobre a que se executarán estas obras de mellora dispón dunha superficie pavimentada e axardinada de, aproximadamente 1.790 m2.

O Alcalde, José Tomé, destaca que “con esta obra de mellora, solventaremos as dificultades coas que persoas discapacitadas, cadeiras de rodadas ou carriños de bebés se atopan cando transitan por esta praza, xa que actualmente está conformada por un chan de pedras irregulares que dificultan a mobilidade destes colectivos”.

“Do mesmo xeito”, continuou o rexedor municipal, ”queremos aproveitar para reparar lousas do pavimento que actualmente se atopan deterioradas, e que polo tanto afean á beleza da propia praza”.

O Alcalde concluíu resaltando que “con esta actuación, completaremos as obras de mellora que sobre esta praza acometemos no pasado mes de setembro, cando procedemos á rehabilitación do seu asento fronto-lateral, que é usado a diario por un bo número de persoas cando o tempo o permite.”

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...