IniciosociedadeMonforte acolle un curso sobre mellora das gandarías de ovino e cabrún

Monforte acolle un curso sobre mellora das gandarías de ovino e cabrún

Este mércores, 4 de novembro, comeza no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos un curso sobre iniciación e mellora das gandarías de ovino e cabrún. O curso terá horario de mañá e tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A acción, que está integrada no Plan de formación ao agro galego 2020, contará cunha duración de 10 horas. En concreto, o curso proporcionará unha formación en aspectos básicos das gandarías de ovino e cabrún, así como nas instalacións e sistemas de manexo da alimentación. Tamén se tratará a protección fronte a fauna salvaxe e a iniciación ou transición a gandarías ecolóxicas. Do mesmo xeito, abordarase a xestión técnico-económica para reforzar a estratexia das explotacións, analizando os sistemas de comercialización da produción.   

O principal obxectivo do Plan de formación ao agro galego é impulsar o desenvolvemento das actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír á implementación dos coñecementos dos agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria. 

Así, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agropecuario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades. Para iso, abórdanse temáticas relacionadas coa reordenación das producións, o emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e a protección do medio. 

Con esta formación promóvese que o sector agropecuario e silvícola utilice dun xeito eficiente os recursos, co fin de que sexan economicamente viables, produtivos e competitivos. Tamén se busca que as granxas sexan respectuosas co medio ambiente e resistentes ao cambio climático, traballando con sistemas de produción que vaian en harmonía cos recursos naturais.

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...