IniciosociedadeMonforte acollerá un curso de especialización en enoturismo

Monforte acollerá un curso de especialización en enoturismo

A acción formativa gratuíta sobre desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos será impartida polo Instituto Galego do Viño na cidade do Cabe os días 17, 18, 24 e 25 de novembro, e 1 e 2 de decembro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte acollerá entre os meses de novembro e decembro un curso gratuíto de especialización en enoturismo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) grazas á Deputación de Lugo. Esta actividade formativa enmárcase no convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega 60.000 euros a APEHL para apoiar ao sector, gravemente afectado pola pandemia. 

O curso de desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos será impartido polo Instituto Galego do Viño, que dirixe Xoán Cannas, e terá lugar no Centro do Viño de Monforte de Lemos os días 17, 18, 24 e 25 de novembro, e 1 e 2 de decembro, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas. A prazas son limitadas e a inscrición pódese realizar na web www.apehl.org ou no teléfono 982.226.912.

A colaboración da Deputación coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería ten como obxectivo apoiar e manter a actividade no sector, en concreto, desenvolver actividades de promoción turística e gastronómica de Lugo e tamén para a celebración deste curso de enoturismo, un tipo de actividade que apoia a institución dentro da súa aposta por un turismo de calidade, sostible e de experiencias, que aproveita e pon en valor o patrimonio natural, cultural e gastronómico da provincia.

Programa formativo

Entre os contidos teóricos do curso de especialización en enoturismo destacan a viticultura e a historia do viño e as diferentes tipoloxías da uva, chan e clima. Ademais, capacitarase ao alumnado en aspectos prácticos, como son a elaboración de cartas de viños, a maridaxe, o servizo, e xestión de sala, así como o traballo en adegas, a xestión do negocio, o mercado e as novas tendencias.

Nesta acción formativa o alumnado poderá aprender a crear, desenvolver e xestionar a estratexia de produtos enoturísticos e coñecerá ferramentas de comercialización, de imaxe de marca, comunicación e enomarketing. Complementarase ademais con clases prácticas de catas sensoriais de viños galegos e nacionais das diferentes denominacións de orixe. 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...