IniciosociedadeO Incio promove actividades formativas gratuítas

O Incio promove actividades formativas gratuítas

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, vén de asinar un convenio de colaboración con Foro de Formación y Ediciones S.L. para a difusión de actividades formativas dirixidas a traballadores ocupados, autónomos ou en situación de ERTE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo do concello é mellorar as competencias profesionais e a inserción laboral dos veciños e veciñas a través da realización de actividades formativas de carácter gratuíto enmarcadas no ámbito da formación profesional para o emprego.

O Concello do Incio comprométese a divulgar e publicitar as accións formativas pactadas co Centro de Formación entre os colectivos de traballadores que cumpran cos requisitos de matriculación. O Centro é o encargado de impartir as actividades, de carácter subvencionado, e de expedir os correspondentes diplomas.

Os cursos que se ofertarán este mes de novembro son:

  • Deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar (100 horas)
  • Desenvolvemento web para comercio electrónico (150 horas)
  • Introdución á apicultura tradicional e ecolóxica (40 horas)
  • Usuario profesional de produtos fitosanitarios nivel cualificado (60 horas)
  • Sistemas de calidade en industria alimentaria (70 horas)
  • Enerxías renovables, especialidade en biomasa (70 horas)
  • Envasado de produtos alimentarios (50 horas)
  • Xestión e organización da explotación agraria (55 horas)
  • Competencias dixitais básicas (60 horas)
  • Formación básica para limpezas xerais (40 horas)
  • Elaboración e conservación de alimentos (30 horas)
  • Extinción de incendios forestais (45 horas)

Os alumnos recibirán un título homologado pola FUNDAE que acredita a superación do curso e o número de horas que realizaron. A acción formativa será supervisada polo SEPE, o que avala a garantía e o rigor do ensino que cursarán os  alumnos e alumnas rexistrados. As persoas interesadas en anotarse nos cursos deberán chamar ao Concello do Incio (982 42 70 14) en horario de 09:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...