IniciosociedadeO persoal do Hospital de Monforte coñece pola prensa que o director...

O persoal do Hospital de Monforte coñece pola prensa que o director “marcha para Vigo”

A Xunta de Persoal do Hospital de Monforte denuncia ninguneo a deixadez por parte da dirección do centro e califican de "incrible ternos que enterar pola prensa que o Xerente se marcha para Vigo de responsable de Hospitalización nesa área sanitaria".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A comunicación por parte desa dirección nunca foi boa, sempre nos tivemos que enterar polos pasillos de calquera cambio que se producira no noso hospital”, aseguran desde a xunta de persoal, que lembra que lle tiñan pedido en multitude de ocasións ser informados de calquera cambio que se fixera e “nunca o fixeron”,

A xunta de persoal asegura alegrarse polo que viña sendo seu director, pero cren que no hospital de Vigo non estarán tan contentos recibindo ao que califican como o peor xerente que pasou polo hospital monfortino.

“O hospital leva sen dirección moito tempo debido a súa baixa por paternidade, a que ten todo o dereito do mundo. Pero ca que está caendo en Monforte por mor da COVID, non nos merecemos estar sen dirección e sen ter un interlocutor a quen dirixirnos para tratar de solucionar calquera problema que poida xurdir” lamentan desde a xunta de persoal; que espera unha reunión na maior brevidade posible para ser informados do que vai acontecer co centro hospitalario.

 

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...