Minuto de silencio de Monforte polo 25N

25N Minuto de silencio Monforte / concello de Monforte

Este ano, debido as restricións derivadas da incidencia da Covid-19, a celebración do 25N en Monforte consistiu  nun minuto de silencio por todas as vítimas da violencia de xénero.

O acto tivo lugar diante das principais dependencias municipais: Praza da Casa do Concello, nas Casitas, no Centro Cívico, no Edificio Multiusos e na Unidade Asistencial de Drogodependencia (UAD).

Con esta iniciativa o concello visibiliza publicamente o compromiso e o apoio de todas as institucións e da sociedade civil no seu conxunto, coas vítimas das violencias contra as mulleres. “O recoñecemento institucional e social é unha forma de reparación moral e simbólica cara elas,” aseguran desde o concello.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here