Os Bolechas no Saviñao pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero

25N O Saviñao / concello do Saviñao

Os concelleiros de Cultura e de Deportes do Saviñao estiveron este 25N nos colexios de Escairón e de Currelos repartindo o libro dos Bolechas que o Concello fixo cunha subvención da secretaría de Igualdade. O título do mesmo é: “Os Bolechas no Saviñao pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero”.

É unha iniciativa que se suma ás charlas sobre esta materia que xa impulsou en semanas pasadas o equipo de goberno. A publicación tamén se enviará á escola infantil, ás anpas dos colexios e ás bibliotecas da Rede de Bibliotecas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here