Monforte fica con tres pacientes de Covid, un menos ca o sábado

No conxunto da área sanitaria aumentan os ingresos, pero baixan os contaxios e o total de casos activos.

Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña. EFE/ELISEO TRIGO

A área sanitaria de Lugo rexistra este domingo 29 de novembro unha baixada importante no total de casos activos por coronavirus: son 967, 98 menos ca os contabilizados onte. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), tamén descenden os casos diarios trala suba do sábado: nas últimas 24 horas confirmáronse 31 novos positivos a través de PCR.

En cantos ás hospitalizacións, medran lixeiramente no conxunto da área sanitaria ao pasar de 36 a 39. Porén, no Hospital de Monforte fican tres pacientes, un menos ca onte.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here