IniciosociedadeOperativos en Chantada e Monforte para controlar as medidas de contención da...

Operativos en Chantada e Monforte para controlar as medidas de contención da Covid

Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron controis en oito concellos da provincia na pasada fin de semana, nas que se rexistraron 33 identificacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 20 dispositivos na provincia de Lugo no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19.

A Policía Autonómica destinou efectivos entre o 27 e o 29 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Os operativos leváronse a cabo nos municipios de Chantada, Guntín, Lugo, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba e Viveiro.

No conxunto da comunidade galega, os axentes realizaron 115 dispositivos nun total de 35 concellos, sumando 121 inspeccións, con 324 persoas identificadas e 50 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...