IniciosociedadeMellora da accesibilidade na Praza de San Antonio de Monforte

Mellora da accesibilidade na Praza de San Antonio de Monforte

As actuacións que se veñen de por en marcha sobre esta praza consisten tanto na mellora da súa accesibilidade como na reparación do seu pavimento, e para elo, o Equipo de Goberno destinou un investimento de 28.095,29 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Praza do Campo de San Antonio está pavimentada cunha combinación de lousas e adoquíns de granito, e a zona sobre a que se están a executar estas obras de mellora dispón dunha superficie pavimentada e axardinada de, aproximadamente 1.790 m2.

O Alcalde destaca que “con esta obra de mellora, solventaremos as dificultades coas que persoas discapacitadas, cadeiras de rodadas ou carriños de bebés se atopan cando transitan por esta praza, xa que actualmente está conformada por un chan de pedras irregulares que dificultan a mobilidade destes colectivos. Queremos aproveitar para reparar lousas do pavimento que actualmente se atopan deterioradas, e que afean á beleza da propia praza”.

O Alcalde concluíu resaltando que “con esta actuación, completaremos as obras de mellora que sobre esta praza acometemos no pasado mes de setembro, cando procedemos á rehabilitación do seu asento fronto-lateral, que é usado a diario por un bo número de persoas cando o tempo o permite.”

Levarase a cabo a substitución dos adoquíns de granito por lousas en determinadas zonas para acadar unha superficie cun acabado mais liso. Do mesmo xeito, actuarase en diversos puntos da praza de forma que en tódolos puntos de acceso á mesma exista unha zona de pavimento con lousa de granito e no sexa necesario pisar sobre os adoquíns , como ocorre na actualidade.

No cruce das rúas do perímetro da Praza, onde agora o pavimento está resolto con adoquíns  de granito, disporanse lousas de granito cor clara e escura de xeito alterno, a modo de paso de peóns.

Ademais, substituiranse as lousas de granito que se atopen rotas por outras novas do mesmo tipo e recolocaranse os adoquíns  en algunhas zonas, onde estes se atopen movidos formando fochancas.

Segundo a zona de actuación da que se trate observaranse as seguintes necesidades, requirimentos ou melloras:

-Accesibilidade: substituirase o pavimento de adoquíns  de granito por lousas nos accesos en dous puntos, dende a entrada ou saída lateral da Casa do Concello ata a Praza. Fronte ó paso de peóns da zona suroeste da Praza, unha vez cruzada a rúa, existe unha zona de pavimento de adoquíns  de granito que dificulta o acceso á beirarrúa que tamén será substituído por lousas.

Na zona sueste da Praza executarase un cruce con lousas de granito alternando lousas de granito de cor clara con lousas de cor escura a modo de paso de cebra e substituirase o pavimento de lastro de granito por pavimento de lousas no encontro da beirarrúa da rúa Ourense coa beirarrúa da Rúa Campo de San Antonio.

No borde leste da praza, paralelamente á rúa Ourense, tamén se substituirá o pavimento de adoquíns  de granito por lousas para facilitar o tránsito cara a rúa Antonio Méndez Casal e a Ponte Vella.

-Reparación de pavimentos: Substitución puntual das lousas deterioradas na zona central. No entorno das árbores, o pavimento de adoquíns  de granito atópase movido polas raíces provocando irregularidades na superficie. Aquí levantaranse adoquíns  de granito e levarase a cabo unha nova reposición do mesmo material ata acadar unha superficie plana.

Equipamento urbano: actuarase nos fitos que separan as zonas peonís das zonas de tráfico rodado, e para elo colocaranse de novo os fitos da intersección da rúa Campo de San Antonio coa rúa Ourense.

ÚLTIMAS

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...