IniciosociedadeFinaliza a mellora da estrada LU-933 entre Monforte e Chavaga

Finaliza a mellora da estrada LU-933 entre Monforte e Chavaga

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora do firme que executou durante os últimos dous meses na estrada LU-933 en Monforte de Lemos, entre o núcleo urbano e a parroquia de Chavaga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A intervención da Xunta supuxo a mellora de 6,7 quilómetros da vía cun investimento de 336.400 euros. Rehabilitouse o pavimento deste treito da LU-933, entre os  puntos quilométricos 2,060 e 8,820, mediante a execución de fresados e a extensión dunha nova capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente en toda a calzada.

A actuación completouse coa renovación da sinalización horizontal e o balizamento da estrada. Na travesía da localidade acondicionáronse dous pasos de peóns e fíxose un novo para reforzar a seguridade. 

Os traballos forman parte do contrato das obras de mellora do firme en tres estradas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos, cun investimento autonómico de máis dun millón de euros.  

A dispoñibilidade de orzamento asignado a este contrato permitiu ampliar o proxecto inicial de acondicionamento da estrada entre Monforte e Bascós e engadir outros 2,3 quilómetros para continuar coas melloras ata Chavaga. Con esta intervención, subliñou o delegado, “refórzase a seguridade viaria e facilítase a mobilidade dos veciños e veciñas desta contorna”. 

ÚLTIMAS

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...

A Xunta reactiva as notificacións para queimas agrícolas

A Xunta de Galicia decidiu volver activar os permisos para queimas agrícolas de particulares....