IniciosociedadeConcursos de Nadal en Monforte para incentivar comercio e hostalería

Concursos de Nadal en Monforte para incentivar comercio e hostalería

Baixo o lema “Este Nadal eu merco en Monforte”, o Concello organiza dous concursos a través dos cales se repartirán un total de 30.000 euros en axudas encamiñadas a dar un impulso ó Comercio e á Hostalería de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte pon en marcha unha nova campaña de axudas, que se engaden ás xa postas en marcha este ano por mor do Coronavirus, como o Plan Reactiva Monforte, que repartiu axudas entre 1.211 empresas, autónomos e traballadores por valor de 543.000 euros; o Plan de Apoio ás familias e ós sectores económicos de Monforte, mediante o que se axudou a 4.282 familias, repartindo 10.811 bonos por importe de 270.275 €; as axudas directas a fondo perdido, mediante as que se bonificou o eximiu de taxas e impostos a  varios sectores económicos do Concello.

Póñense en marcha dosi concursos con axudas directas por valor de 30.000 euros, para propiciar o consumo da cidadanía na hostalería e nos comercios de Monforte, durante os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021”, destacou o Alcalde.

I Concurso de Bonos de axuda para o Nadal

Este concurso desenvolverase en colaboración coas dúas radios locais de Monforte, Radio Principal-Cadena Ser e Onda Cero, a través dun programa especial de pregunta-resposta, e que se celebrará de luns a venres entre os días 7 de decembro de 2020 e o 29 de xaneiro de 2021.

O concurso consistirá en que os oíntes poderán chamar a estas emisoras e as locutoras destas dúas radios lles formularán unha sinxela pregunta relacionada co comercio e a hostalería de Monforte. En caso de respostar correctamente á pregunta formulada, se lle entregará na Casa do Concello un bono de 25 euros para gastar na hostalería e nos comercios de todo tipo do municipio. Só se entregará un bono por persoa, unha vez que se acerte a pregunta formulada, polo que a mesma persoa non poderá participar dúas veces, é dicir, non poderá repetir.

Cada emisora destinará un programa especial adicado a este concurso, de luns a venres laborables e duns 15-20 minutos de duración, no que a estimación é repartir uns 15 premios diarios, ata un total de 1.000 bonos, o que supón 1.000 participantes como máximo, e que significarán un total de 25.000 euros para gastar no comercio e hostalería monfortinos.

En Radio Principal, o programa dará comezo ás 13:05 horas, e poderá chamarse ó 982 400 512. No caso de Onda Cero, as chamadas para participar neste concurso poderán facerse a partir das 13:10 horas, no 982 418 243.

I Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo

Neste Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo hai 3 modalidades de participación: 

  • Decoración do escaparate e do interior de establecementos comerciais, no que poderán participar todos os comercios e negocios ubicados no termo municipal de Monforte.
  • A segunda modalidade do concurso está dirixida á hostalería, e nela valorarase en conxunto a mellor entrada, interior e ventanais do establecemento participante. E tamén poderán participar todos os negocios hostaleiros do Concello.
  • A terceira modalidade está adicada ás vivendas. Neste caso hai 3 opcións: 
    • A comunidade de veciños dun edificio, no que deberán decorar as entradas principais do seus edificios, e que esas decoracións sexan totalmente visibles dende a vía pública.
    • Balcóns e ventás de edificios de Monforte, que deberán ser visibles tamén dende a vía pública.
    • E finalmente as vivendas unifamiliares, no que poderán participar os residentes de calquera vivenda unifamiliar ubicada en Monforte, que decoren as súas vivendas e/ou xardíns de modo que esta decoración sexa totalmente visibles dende a vía pública.

Para participar nas diferentes modalidades descritas, os interesados poderán inscribirse ata o día 22 de decembro de 2020, utilizando o modelo normalizado, que poden presentar tanto no Rexistro do Concello como a través da Sede Electrónica, por vía telemática.

Ademais, no momento da inscrición deberán aportar 5 fotografías nas que se poida visualizar a decoración realizada, para a posterior valoración polo xurado. 

Neste senso, a decoración deberá estar exposta como mínimo dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro de 2021. 

Os requisitos fundamentais para participar nas diferentes modalidades deste concurso son que as decoracións e adornos teñen que ser típicos de Nadal, e a zona elixida para ser decorada ten que ser totalmente visible dende a vía pública.

Para as diferentes modalidade deste I Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo destinaranse 5.000 euros en premios e axudas.

En concreto, para as categorías de Comercio e Hostalería estableceranse 3 premios, para cada unha delas: un 1º premio de 300 euros, un 2º de 200 € e un 3º de 100 €.

No caso das vivendas, para as Comunidades de Veciños os premios serán tamén dun 1º premio de 300 euros, un 2º de 200 € e un 3º de 100 €.

E no caso de balcóns e ventás, así como vivendas unifamiliares, en cada unha destas dúas modalidades establecemos un 1º premio de 200 €, un 2º de 100 € e un 3º de 50 euros.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...