IniciosociedadeVendo os límites xeográficos da Ribeira Sacra desde a Costa de Stº...

Vendo os límites xeográficos da Ribeira Sacra desde a Costa de Stº Antón

A Costa de Stº Antón representa unha elevación considerable respecto do altiplano do Saviñao situándose a 680 metros de altitude, tan só superada pola serra da Parrocha xa no concello de Paradela a 837 m.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación veciñal do Saviñao vén de pesentar á Alcaldía e partido da oposición que se valore a creación dun miradoiro na cima do monte de Santo Antón na parroquia de Piñeiró, xa que aseguran que “desde o alto conséguese unha vista panorámica de 360º onde se divisan con precisión os limites xeográficos da Ribeira Sacra. Potenciaríase, ademais, un itinerario de visitas ó norte do concello, tan vencellado historicamente.”

No cumio da Costa, onde estan os depositos da auga da traída, está ubicado o punto xeodésico 15567 e ó seu carón hai construído un refuxo de cazadores, de planta baixa e cuberta plana. 

Dende a parte superior da cuberta da caseta gózase dunha privelexada panorámica de 360º, obtendo con precision unha vista dos límites xeográficos da Ribeira Sacra: a nacente os montes de Samos e avistando detras a serra do Caurel, ó sur Cabeza da Meda e a serra de Manzaneda, a poñente a serra do Faro e ó norte os montes de Portomarín e Paradela.

Dende a asociación consideran que este é un lugar idóneo para a ubicación dun miradoiro na cuberta do refuxo, punto onde se consigue esta panorámica de 360º.

Para a construción deste miradoiro sinalan que “non se precisa máis infraestrutura que a ubicación dunha escaleira de madeira que suba ata un entarimado da mesma madeira que cubra a cuberta da caseta, así como unha baranda de proteción. Asemesmo poderíase colocar un plano xeográfico que explicara os puntos de interese que dende alí se observan.”

“Con esta infraestrutura conseguiríase ampliar a oferta turística e paisaxística do noso concello, creando o que sería o segundo miradoiro do municipio, descentralizando o turismo da zona da ribeira. Con esta iniciativa crearíase unha interesante ruta de visita á zona norte do municipio que ofertaría o dolmen de Abuíme, o miradoiro, o río Sardiñeira, as mámoas da Broza, o núcleo de Currelos, a igrexa de Guadalupe, a románica de San Vitorio de Ribas de Miño e a ponte de Mourulle no rio Miño,” conclúe a asociación veciñal.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...