IniciosociedadeNormalizada a situación na piscina de Sarria

Normalizada a situación na piscina de Sarria

A Deputación e o Concello de Sarria pechan o proceso para a xustificación do convenio da piscina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo e o Concello de Sarria desbloquearon e puxeron fin á tramitación do procedemento administrativo para xustificar as cantidades transferidas no marco do convenio relativo ás obras de construción da piscina cuberta da vila sarriana, asinado en decembro do 2010 e cun importe de 1.862.040,09€.

A vontade e a plena colaboración entre as dúas institucións fixo posible concluír un proceso que permite normalizar unha situación anómala que se viña arrastrando dende hai anos, nos que estivo pendente de aprobar a documentación xustificativa do convenio que permitiu a apertura da piscina de Sarria, unha infraestrutura moi demandada pola veciñanza de toda esta comarca.

Tratouse dun procedemento complexo que sufriu distintas complicacións a nivel administrativo, polo que, tanto o Presidente da Deputación, José Tomé, como o Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, amosan a súa satisfacción por desbloquealo e finalizalo con todas as garantías normativas.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...