IniciosociedadeO Concello cede a antiga Casa de Socorro para a nova Comisaría...

O Concello cede a antiga Casa de Socorro para a nova Comisaría da Policía Nacional en Monforte

O luns 30 de setembro de 2019, o Pleno da Corporación Municipal de Monforte aprobou por unanimidade o inicio dos trámites para que a antiga Casa de Socorro, ubicada no número 77 da Avenida de Galicia, acollese a nova Comisaría da Policía Nacional en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez resoltos todos os trámites pertinentes, dende o Ministerio do Interior xa se poderán iniciar as obras de acondicionamento necesarias para albergar a nova Comisaría da Policía Nacional en Monforte.

O inmoble que o Concello cedeu gratuitamente para albergar a nova Comisaría da Policía Nacional coñecese como antiga Casa de Socorro e está ubicado no número 73 da Avenida de Galicia.

Conta cunha superficie de terreo duns 2.282 metros cadrados, sobre os que se ubica unha superficie construída de 1.882 m2. O edificio está composto por un semisótano, unha planta baixa, unha planta alta e unha planta baixo cuberta.

A planta semisótano ten unha superficie construída de 244 m2, e destínase a garaxe, así como a outros usos que permita a lexislación. A planta baixa conta con 619 m2, a planta alta posúe unha superficie construída de 619 m2, e a planta baixo cuberta ocupa uns 340 m2. Estas tres plantas contan con diferentes habitacións, servizos e dependencias, que serán reformadas a fin de acoller as novas dependencias policiais.

Alcalde monfortino, amosou a súa satisfacción por “acadar, dende esta Alcaldía, unha solución satisfactoria para a nova Comisaría da Policía Nacional de Monforte, que foi motivo de debate ó longo dos últimos anos e que por fin se materializou a través da cesión gratuíta dun inmoble que, ó constituírse coma sede propia, estou seguro de que afianzará a presencia da Policía Nacional na nosa cidade”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...