IniciosociedadeA Pobra do Brollón estrea maquinaria de limpeza e mantemento

A Pobra do Brollón estrea maquinaria de limpeza e mantemento

A deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire, visitou A Pobra do Brollón para interesarse pola renovación e ampliación de maquinaria para mantemento de zonas rurais e áreas verdes que o concello realizou a través dun convenio de colaboración coa entidade provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Medio Rural achegou 57.000 euros para esta compra de maquinaria, que permitiu a adquisición dun tractor de segunda man, unha rozadoira nova e diversos aparellos manuais para realizar labores de limpeza e mantemento, entre eles, sete desbrozadoras, tres motoserras, unha podadora en altura, un soplador, unha hidrolimpadora e un cortacéspede.

Mónica Freire sinalou que “desde a área de Medio Rural da Deputación de Lugo estamos a facer un esforzo para que os concellos poidan dispoñer dos medios suficientes para o mantemento das zonas rurais. A limpeza e o mantemento da rede viaria mellora a seguridade das comunicacións entre os núcleos de poboación e as condicións de vida da veciñanza, e tamén son parte fundamental das tarefas de prevención de incendios”

O alcalde, Xosé Lois Maceda Vilariño, sinalou que “coa achega de Medio Rural dotamos ao concello de equipamente novo, que  nos permitirá seguir traballando no compromiso coa prevención de lumes forestais, así como no mantemento dos accesos aos núcleos rurais. A extensión e a dispersión poboacional do concello, con 22 parroquias, numerosos áreas naturais e moitos quilómetros de rede viaria de titularidade municipal requiren un gran esforzo en traballos de mantemento e adecentamento”, expuxo.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...