IniciosociedadeO Concello de Folgoso do Courel presenta alegacións á proposta sobre o...

O Concello de Folgoso do Courel presenta alegacións á proposta sobre o transporte escolar

O Concello de Folgoso do Courel vén de presentar un escrito para pedir a anulación ou modificación con relación á Proposta de contratación de rutas de transporte escolar para centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia no referente ao lote 27, para que poida considerarse un lote único.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local considera que a proposta da Consellería, que anula dúas rutas pasando de seis a catro, suprimindo catro taxis por tres microbuses e un só taxi, tradúcese nun empeoramento do servizo, provocando que o alumnado teña que desprazarse polos seus medios en paradas nas que non entre o microbús e, ademais, impide que nin taxistas nin autónomos locais poidan presentarse comprometendo a viabilidade económica dos seus negocios. Todo isto suporía, segundo explica a rexedora, Lola Castro, “unha perda de emprego na zona e un empeoramento significativo do servizo de transporte existente”.

Así, o Concello presenta o seguinte listado de ALEGACIÓNS:

A)        No referente á nova estrutura de transporte público: (onde a propia Delegación territorial de Lugo alega ao prego no referente ás rutas).

1.         A ruta ED270211 do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel non é posible facela en menos dunha hora, dada a orografía e a lonxitude do percorrido, debería de facerse, como na actualidade, cun taxi e un microbús. Ademais nesta ruta na parte que se está a levar a cabo cun taxi de 7 prazas están autorizadas paradas imposibles de cubrir cun microbús, ao non ser posible o seu acceso ás paradas de Romeor II e o Carbedo.

2.         A ruta ED270210 do CPI Poeta Uxío Novoneyra que na actualidade se está a levar a cabo cun taxi de 9 prazas e outro de 7 prazas, sería inviable que o microbús accedese ao pobo de Mercurín, nin á parada autorizada no propio pobo de Folgoso, no barrio de Fondo de vila (provisional 20-21).

3.         A ruta ED270212 do CPI Poeta Uxío Novoneyra está, arestora, realizándose cun taxi de 9 prazas, sendo o máis axeitado para unha estrada como a de Vidallón, de onde parte.

4.         Na ruta ED270201 do CPI Poeta Uxío Novoneyra que se siga mantendo a parada de Visuña, no barrio de Reibarba, de recente autorización.

5.         Que se teña en conta ante calquera modificación que un posible transbordo de vehículo é prexudicial para o alumnado, sobre todo en época invernal, xa que non existen marquesiñas onde poder resgardarse.

Segundo o exposto vulneraríase o Real Decreto 443/2001, de 27 de abril, sobre condicións de seguridade en transporte escolar e de menores, onde se di que o tempo de permanencia no transporte escolar non pode exceder dunha hora por cada sentido da viaxe. 

B)        No referente á perda de servizos e postos de traballo:

1.         O transporte escolar está a ser realizado por taxistas autónomos e residentes no Concello. A contratación que está a propor a Consellería imposibilita que estas persoas poidan continuar co seu traballo no transporte escolar. No artigo 130 da Constitución Española afírmase que: “1. Los poderes públicos atenderán a la modernización y desarrollo de todos los sectores económicos y, en particular, de la agricultura, de la ganadería, de la pesca y de la artesanía, a fin de equiparar el nivel de vida de todos los españoles. 2. Con el mismo fin se dispensará un tratamiento especial a las zonas de montaña.” Facer un lote común dunha zona de montaña como é O Courel xunto con cinco concellos máis, onde ata o momento era diferente por razóns obvias de orografía, idade avanzada e despoboamento, é prexudicar e provocar que estas persoas que están a crear traballo no Courel, se vexan na necesidade de buscar outras fontes de ingresos fóra do Concello.

2.         Na Lei 25/1982, do 30 de xuño, de agricultura de montaña di no seu artigo 11 que: “(…) dotarán a las zonas de montaña de obras de infraestructura y de servicios básicos.” Coa nova licitación o que vai a acontecer é que unha empresa grande con sede fóra do Concello, asumirá o servizo de transporte deixando a seis autónomos, e por tanto seis familias do Courel, sen traballo e sen servizo de taxi fóra do horario escolar, posto que estas persoas non poderán facer fronte ás licencias de taxi, quedando sen servizo a poboación do propio Concello e os posibles visitantes nun Concello turístico como O Courel.

3.         Na Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, no seu artigo 10, fai unha cualificación das zonas rurais na que se enmarca o Concello de Folgoso do Courel.  No seu artigo 17, esta mesma lei, afirma que “los planes nacionales de fomento empresarial incluirán una atención diferenciada para las zonas rurales prioritarias y para las iniciativas emprendidas por mujeres o jóvenes, por trabajadores autónomos,  por las unidades productivas formadas por pequeñas y medianas empresas o por cooperativas”. Os nosos transportistas son autónomos ou teñen pequenas empresas. E no seu artigo 22, relacionado coa creación e mantemento do emprego: “El apoyo a la creación de empresas, al autoempleo y al empleo de cooperativas (…)”; “el mantenimiento de puestos de trabajo (…)”; “el fomento de políticas activas para reducir la temporalidad del empleo en el medio rural. Los contratos territoriales de zona rural especificarán planes de mejora en lo relativo a condiciones de trabajo, estabilidad en el empleo (…)”. Con esta nova contratación do transporte escolar para dous anos, con posibilidade de prórroga a outros dous, estase facendo xusto todo o contrario do que se propón nestes artigos, dáselle prioridade ás grandes empresas con sedes fóra do Concello.

4.         No mesmo sentido, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 que establece as disposicións dos Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), recolle no artigo 174, que se prestará especial atención ás zonas rurais, ás zonas afectadas por unha transición industrial e ás rexións que padecen desvantaxes naturais ou demográficas graves e permanentes, como as rexións periféricas, as rexións septentrionais cunha escasa densidade de poboación, e as rexións insulares, transfronteirizas e de montaña. Coa proposta actual non se presta atención a nosa zona de montaña, prodúcese un empeoramento da súa situación actual a nivel social e económico.

Por todo o anterior, desde o Concello de Folgoso do Courel insisten na necesidade de anular ou modificar a proposta realizada pola Consellería ao tempo que anuncian que participarán na concentración convocada para mañá pola ANPA CPI Poeta Uxío Novoneyra.

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...