O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, o alcalde de Samos, Julio Gallego, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro e o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda (de dereita a esquerda), subiron este día de fin de ano ata as inmediacións da Mesa dos Catros Cabaleiros para comer as doce uvas cando o reloxo marcou o mediodía e facer un brinde por un ano 2021 cheo de saúde para todos e todas.
A neve non lles permitiu chegar ata arriba de todo, pero comprometéronse a volver cando o tempo mellore.
A rexedora do Courel agradece a implicación e colaboración da Asociación Fonte do Milagro, que mantén viva esta tradición e axuda cos seus preparativos e a súa realización.