Cortes de tráfico na Praza de San Antonio de Monforte desde este luns

Debido ás obras na praza Campo de San Antonio co obxecto de mellorar a súa accesibilidade, dende o luns, día 11, vaise proceder a cortar o tráfico nun tramo da vía que rodea dita praza.

Corte de tráfico Praza de San Antonio

O corte afectará a vía ubicada entre a rúa Tecelanes e a rúa Ourense, en concreto  o tramo de estrada situado entre o bar “A nosa bodeguilla” e ata o cruce coa rúa Ourense (que non se verá afectada por este corte). Deste xeito, dende o luns día 11 de xaneiro dende primeira hora da maña, os vehículos non poderán transitar por dito tramo, que permanecerá cortado ata o luns día 18.

Dito corte non afectará ó acceso de vehículos para a entrada a garaxes nin tampouco ós aparcadoiros en batería que se atopan na parte traseira da Casa do Concello. O resto do tráfico desviarase por rúa Tecelanes con saída á rúa Chantada.

As actuacións que se están levando a cabo na praza Campo de San Antonio dende principios de decembro, consisten tanto na mellora da súa accesibilidade como na reparación do seu pavimento, e para elo, o Equipo de Goberno destinou un investimento algo máis de 28.000 euros.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here