7.000 euros para os estudantes de Quiroga que están fóra

Este é o orzamento que ten o Concello de Quiroga para axudar aos estudantes empadroados no municipio que cursan os seus estudos fóra. Esta partida repartirase entre todas as solicitudes que se presenten.

Letreiro que anuncia a entrada en Quiroga / XdL

Os alumnos universitarios ou de FP que queiran optar a estas axudas deberán de xustificar o gasto para o que se piden. Son gastos subvencionables a matrícula educativa, o alugueiro de vivendas ou os gastos de transporte entre outros. Sempre deberá figurar o nome do estudante que solicita a achega económica.

As axudas deberán solicitarse antes do día 15 de xaneiro persoalmente na casa consistorial ou a través da súa páxina web.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here