IniciosociedadeJosé Pino, bronce nos premios a mellor docente de FP do estado

José Pino, bronce nos premios a mellor docente de FP do estado

O profesor monfortino do IES A Pinguela quedou terceiro nos IV Premios Educa Abanca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os coñecidos como “os Goya da Educación” deron a coñecer o día 10 de xaneiro a clasificación final dos dez finalistas a “mellor docente de España”.

Neste selecto ‘top ten’ dentro da categoría de FP estaba o monfortino José Pino Vázquez, do cal xa anticipamos meses atrás en Xornal de Lemos a súa candidatura e clasificación neste grupo, que alcanzou finalmente a terceira posición.

José Pino é profesor de informática no IES A Pinguela dende o ano 2008. Tanto pais como alumnas/os que tiveron a ocasión de coincidir con el resaltan a súa naturalidade, implicación e métodos empregados para captar a atención e motivar.

José Pino preparando traballos na súa casa. Foto: J.P.

Un exemplo de admiración e recoñecemeno do seu labor docente atopámolo non hai moito nun ex-alumno seu, Diego Rodríguez, un enxeñeiro de software monfortino que vive en Xenebra e traballa no prestixioso CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear).

Nunha entrevista que lle fixemos a este rapaz dicía isto de Pino: “Aínda é hoxe que recordo a José Pino colléndonos a toda a clase e levándonos ao baño onde nos ensinou con auga e unha caixa de CDs o principio que fai funcionar a fibra óptica. Un fóra de serie, o que necesita o sistema educativo. Hai tanto ‘non bo estudante’ como me clasificaba a min mesmo que poderían ser salvados por profesores de semellante categoría”.

V EDICIÓN DOS PREMIOS EDUCA ABANCA

Educa presenta xa a 5ª edición dos Premios EDUCA ABANCA. Mejor Docente de España 2021.

Este ano, como novidade inclúense as categorías de ‘Educación non formal’ (poderá ser proposto calquera profesor que imparta docencia nun centro de ensino non formal e que imparta contidos que conduzan á superación dunha ou varias materias adscritas a un título oficial) e ‘Mención honorífica á traxectoria docente’ (docentes que xa non están en activo e que destacaron pola súa boa praxis).

ÚLTIMAS

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...