IniciosociedadeAs protestas dos pais do Courel paralizan os novos contratos de transporte...

As protestas dos pais do Courel paralizan os novos contratos de transporte escolar

A Consellería de Educación suspendeu o prazo de presentación de ofertas dos novos contratos do transporte escolar "durante o tempo necesario para a verificación dos erros detectados polos interesados", despois de que pais de Folgoso do Courel deixasen de levar aos seus fillos ao colexio en sinal de protesta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra, que informa deste paso, avanza que continuará coas protestas a pesar da paralización temporal dos novos contratos xa que o texto da Xunta é “moi pouco concreto” e “sen garantías” de que as súas reclamacións sexan atendidas.

Este martes os nenos tampouco foron ao colexio e segue en pé a concentración convocada para este mércores ás 12,00 horas no edificio administrativo da Xunta en Lugo. A asociación destaca que “os nenos do Courel están a recibir nestes días numerosos apoios doutras Anpas do rural galego que están a colgar nas redes en forma de pancartas e mensaxes, e a campaña de recollida de firmas xa leva máis de 4.000″.

Por outra banda, segundo informa Europa Press, o Sindicato Labrego Galego trasladou tamén o seu apoio ás demandas destes pais, “para manter a xestión do transporte escolar cos taxis locais”. “A decisión da Xunta de licitar este servizo a unha empresa foránea supoñerá a destrución de varios postos de traballo e un empeoramento das súas condicións para o alumnado”, denuncia.

cacerolada transporte escolar Folgoso do Courel

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...