Vacínanse 50 profesionais sanitarios en Monforte

A provincia conta hoxe con 80 casos activos máis para un total de 890 positivos. Monforte suma 8 novos contaxios; con 31 casos detectados nos últimos 14 días, o que eleva a incidencia acumulada a 168 casos por cada 100.000 habitantes.

Vacina Monforte

Este mércores comézase a vacinar no Hospital Comarcal a uns 50 profesionais considerados de primeira liña. No centro de saúde de Monforte empezarán este xoves a vacinar ao persoal sanitario de todos os centros de saúde da comarcal de Lemos, máis dun cento de persoas. Mentres que hoxe mesmo remata a vacinación nas residencias da terceira idade.

A provincia conta hoxe con 80 casos activos máis para un total de 890 positivos. Monforte suma 8 novos contaxios; con 31 casos detectados nos últimos 14 días, o que eleva a incidencia acumulada a 168 casos por cada 100.000 habitantes. En Chantada, o número de contaxios en 14 días é de 19. A incidencia acumulada é de 231. O Hospital Público de Monforte ten cinco persoas ingresadas con covid-19, unha máis que o día anterior.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here