IniciosociedadeO Sergas confía en que as novas medidas baixen a presión asistencial...

O Sergas confía en que as novas medidas baixen a presión asistencial na provincia

O director asistencial área sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte, Rafael Monte Secades, expuxo que o ritmo dos ingresos na provincia de Lugo como consecuencia do aumento dos casos de Covid-19 “non está a comprometer” polo de agora “a capacidade de hospitalización nin de UCI”, pero “está a aumentar de forma sostida” e “preocupante”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A presión asistencial na área sanitaria está a aumentar de forma sostida nos últimos días e reflicte o incremento da incidencia comprobado nas últimas semanas. Isto afecta aos tres distritos; A Mariña, HULA e Monforte”, explicou Monte Secades.

O dirixente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) concretou que no HULA hai este martes “33 ingresados en planta, en Burela 16 e en Monforte nove. Temos 16 pacientes en Uci, 15 no HULA e un na Mariña. Por agora o aumento dos casos hospitalizados diarios ocorre a un ritmo que non está comprometendo a nosa capacidade nin de hospitalización nin de Uci, ambas están por agora garantidas, pero o ritmo ao que isto se está a producir é máis elevado ca en novembro e a situación é preocupante”, matizou.

No tocante ás medidas restritivas iniciadas na área sanitaria hai dez días, co peche de concellos como Burela, O Vicedo ou Cervo, que se sumaron a Viveiro ou Xove na Mariña, “parece que comezan a facer efecto no tocante ao número de casos novos”. No que atinxe ás novas restricións que entrarán en vigor o mércoresque afectarán a toda Galicia, afirmou que “esperamos que as adoptadas desde a noite de hoxe limiten o número de contactos e de contaxios”.

CRIBADOS

Sobre os cribados masivos do Vicedo e Vilalba, Montes expuxo que no segundo “a taxa de positivos foi do 1%, que están na liña dos resultados obtidos noutras poboacións galegas”, mentres que no primeiro “a porcentaxe foi do 2,3%”.

“Á luz dos resultados faremos o estudo epidemiolóxico destes casos para tentar contar as cadeas de transmisión que poidesen avanzar, dado que estas persoas son asintomáticas e é importante cortar a cadea canto antes”, finalizou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...