IniciosociedadeVilachá, na Pobra do Brollón, estrea web

Vilachá, na Pobra do Brollón, estrea web

Coa posta en marcha da web, a Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur quere poñer en valor o patrimonio dunha das parroquias incluídas na área BIC da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova web www.vilachadesalvadur.gal informa e divulga os recursos que ofrece a zona como son as adegas medievais, o castro do Castrelado, o roteiro circular ou o miradoiro sobre o canón do Sil.

A web presenta un formato intuitivo e interactivo que permite coñecer toda a historia de Vilachá de Salvadur. Os apartados ofrecen información sobre a orixe das adegas ou sobre a excavación dos Conventos no Val do Frade. Ademais, algúns adegueiros ofrecen o contacto para visitar as adegas, explicar o proceso do viño ou a realización de catas non profesionais.

Outro apartado que a asociación quere destacar é o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Nos últimos meses conseguiron o apoio dos tres concellos afectados e recabaron nova información (toda ela incluída na web) que reforza a xa de por si sólida tese xacobea.

O propósito da asociación é que este portal web sirva de carta de presentación de Vilachá. Unha información que se renovará con todas as novas de actualidade que afecten a este recuncho da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...