IniciosociedadeNovas restricións nas instalacións municipais de Monforte

Novas restricións nas instalacións municipais de Monforte

Péchanse ao público as instalacións da Piscina Climatizada Municipal, do Estadio Municipal da Pinguela e Pistas de Atletismo, Luís Bodegas e Pavillón Municipal da Pinguela e Pavillóns polideportivos escolares con convenio coa Consellería de Educación. Permanecerán abertas para adestramentos e competicións de ámbito estatal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As novas medidas terán efecto dende as 00.00 horas do 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro. Nas instalacións municipais afectadas, o Concello ten colocado o correspondente cartel informativo no que se especifica, si é o caso, o peche da instalación ou se inclúen as normas de uso, de hixiene, de uso obrigatorio de máscara, de distanciamento social e o aforo máximo permitido en cada caso.

Instalacións culturais

As novas medidas supoñen:

  • Peche da Biblioteca Municipal
  • Peche do Auditorio do Edificio Multiusos
  • Peche da Casa da Cultura

Neste senso, o Concello anuncia o aprazamento, previsiblemente para o mes de maio se as circunstancias o permiten, da obra de teatro que estaba previsto celebrar mañá xoves día 28 no Edificio Multiusos, titulada “O mozo da última fila” da compañía Redrum Teatro.

Outras dependencias e actividades municipais

Outras dependencias municipais que quedan afectadas por esta nova normativa son as seguintes:

  • Peche da Tapería do Centro do Viño
  • Peche da Cafetería do Centro Cívico
  • Suspensión das clases da Escola de Música e Danza
  • Suspensión das clases lectivas presenciais do Conservatorio Municipal: neste caso si haberá clases online.

Feira do Mercado Gandeiro 

A Feira do Mercado Gandeiro de Monforte, que se celebra os días 6 e 24 de cada mes, abrirá coas seguintes restricións:

  • Limitación do aforo da Feira: 50% da súa capacidade no que se refire a postos dos comerciantes, e limitacións tamén de aforo no acceso de clientes.
  • En canto á instalación dos postos, terán preferencia aqueles relacionados cos produtos de primeira necesidade (alimentación), accedendo ó recinto feiral o resto de postos por orde de chegada, ata completar o aforo indicado do 50%.
  • Establecerase o correspondente distanciamento entre os postos instalados.
  • No caso dos postos de polbo, non se poderá degustar na Feira e so estará permitido mercalo no espazo habitual e levalo para consumir no domicilio (non está permitido o consumo de alimentos en espazos exteriores).

Cemiterio Municipal

No caso do Cemiterio Municipal a regulación afecta a enterros e velorios:

  • Enterros: Un máximo de 15 persoas non convivintes e a maiores o ministro de culto correspondente.
  • Velorios: Un máximo de 15 persoas en exterior e un máximo de 5 persoas en interior, agás convivintes.

Bus Urbano

O Bus Urbano de Monforte, que é un servizo municipal de uso gratuíto, tamén contempla modificacións en canto ó seu aforo:

  • Pódense utilizar todos os asentos, debendo manterse a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.
  • Só poden ir de pé unha sexta parte das súas prazas, o cal supón 2 persoas como máximo de pé.

Parques infantís públicos municipais

Nos parques infantís municipais, segue vixente a normativa establecida ata o momento, a cal está especificada en carteis informativos situados á entrada de cada parque infantil.

En todo caso, a actual normativa establece o acceso de unha persoa por cada 4 metros cadrados.

O rexedor municipal pide ós cidadáns que sigan en todo momento as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias a fin de paliar, coa colaboración de todos e todas, os efectos desta pandemia

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...