IniciosociedadeAvances na regulación dos usos das terras de regadío do Val de...

Avances na regulación dos usos das terras de regadío do Val de Lemos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias López, os proxectos de maior interese para este municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Xunta sinalou que, unha vez apróbese a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, garantirase a seguridade xurídica para retomar o proxecto de regulación dos usos das terras de regadío do Val de Lemos. Nesta liña, o presidente da Xunta valorou que haxa titulares interesados en participar neste proxecto que busca o aproveitamento de terras actualmente improdutivas por parte de demandantes de superficie.

Avaliouse a solicitude do concello dunha axuda da orde de mellora de infraestruturas en parques empresariais e viveiros para unha nave loxística, así como os usos do viveiro forestal dos Trollos.

En relación coa pandemia, o responsable do Goberno galego destacou a colaboración entre ambas administracións, coa entrega de material –máscaras, xel hidroalcohólico, luvas, batas e traxes, desinfectantes e pantallas faciais– para a loita contra a Covid.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...