IniciosociedadeDiminúen os casos activos nos concellos do sur da provincia agás na...

Diminúen os casos activos nos concellos do sur da provincia agás na Pobra do Brollón e Taboada

Seguen baixando os casos activos nos concellos do sur da provincia, agás na Pobra do Brollón con 15 casos e Taboada con 13. Mentres anúnciase que as vacinacións a maiores de 80 anos comezarán en Galicia o día 22.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os últimos datos seguen baixando os casos activos no sur da provincia. En Monforte cóntase con 195, 16 menos que onte; en Quiroga 68, 11 menos. En Chantada con 9 menos contabilízanse un total de 38; en Sarria 104 con 8 menos; 26 no Saviñao con 3 menos; 23 en Pantón con 5 menos. Mantense o número de casos en Sober, con 12, e Bóveda, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, O incio e Carballedo, con entre 1 e 9 casos. No Hospital Comarcal de Monforte cóntase con 19 persoas ingresadas por Covid.

E este sábado o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, avanzaba que Galicia comezará a vacinar contra o coronavirus a maiores de 80 anos a partir do 22 de febreiro, luns, “se todo vai ben” e non se produce unha “ruptura de subministración”.

O pasado xoves, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que se traballaba cun calendario de vacinación para este grupo de idade que comezase o 16 de febreiro, pero será uns días máis tarde, segundo o exposto por Aboal este sábado. O titular do Goberno galego marcou como previsión que este colectivo estea inmunizado (tras recibir as dúas doses) a “principios de maio”. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...