Iniciosociedade"Aforrouse en lecer e gastouse na casa o que non se gasta...

“Aforrouse en lecer e gastouse na casa o que non se gasta fóra”, xerente moblería

"Coa pandemia faltou o lecer, o poder saír, o poder viaxar ou facer ese gasto. Aí aforrouse e gastouse na casa o que non se gastou fóra. Ao pecharse os bares, ao non haber esas reunións sociais, ao non poder viaxar, o teu refuxio é a túa casa e a xente está investindo en estar confortable na casa", Mar Rodríguez, xerente Muebles La Talla.

Publicado o

- Advertisement -

O coronavirus obríganos a pasar máis tempo na casa, o que fai que lle prestemos máis atención ao lugar no que vivimos. Por exemplo, a min terminoume cansando o incesante ruído da lámpada da cociña, que ao mellor antes aturabas porque comías ou ceabas fóra da casa, pero agora non podes. E decides acabar con ese ruido cambiando a lámpada, e vas á tenda de mobles rapidamente cando te das conta de que ás 18.00 pecha.

Na situación na que estamos é inevitable preguntar como está indo todo e alégrame escoitar da xerente de Muebles La Talla, Mar Rodríguez, que ao sector do moble lle afecta menos esta pandemia que a anterior crise. Por que?

Cos confinamentos e as limitacións, a xente esta vez tivo que estar máis tempo na casa e aproveitou para preparala máis. Reformouna, cambiou os mobles. Deuse conta de que necesitaba unha chea de cousas máis, que o sofá no que estaban sentados era incómodo e fórono cambiando por outro máis cómodo. Os fontaneiros dinnos, por exemplo, que se están cambiando moitísimas bañeiras por duchas. 

Como afectan as limitacións de mobilidade e de horarios? 

Nós vivimos moito da xente de Monforte, pero sobre todo da xente dos arredores, onde hai casas, onde se reforma moito e cos peches perimetrais non poden vir. Pola tarde ter horario de 4 a 6 é moi pouquiño tempo e moita xente noutros horarios traballa e non pode vir. As tardes case son nulas. 

Está afectando moito tamén aos prazos de entrega das mercadoría. Os horarios son moi reducidos para recibir e para entregar. Queres ir á casa de alguén e a xente ten que cambiar o chip porque con estes horarios tan reducidos hai quen non quere que vaias á súa casa ás 9 da mañá para entregar. Aquí a xente estamos mal afeita. Eu abría ás 4, pero a maior parte das tendas abren ás 5. Isto é de estar aquí de 4 a 10 da noite. Conciliar a vida familiar co horario comercial é moi difícil. Temos que cambiar o chip e axustarnos a Europa xa que pertencemos a ela. 

En canto saímos do primeiro confinamento moita xente comezou a cambiar os mobles e a decoración, pero cando estabamos confinados, como traballabades? Vendíades por internet?

Estamos traballando na venda en liña para pezas auxilliares. Cando nos confinaron detívose o mundo, non tiñamos tenda en liña, non tiñamos web. Como vendes? Ao ter unha web podes ver o que hai e se che interesa algo xa te podemos asesorar sobre algo concreto.

Muebles La Talla / XdL

Pensabades xa no salto a internet e isto precipitouno? 

Hai que pensar que en marzo pechamos e nós non puidemos vender nada, despois empezou a haber algún cliente que chamou por confianza e íalo orientando, pero foron meses dun parón radical.

Co moble, o cliente prefire achegarse ao moble en directo. Non é o mesmo unha foto que a realidade. Hai moita diferencia. Un sofá que o ves cunha forma superbonita, pero non sabes se é confortable a non ser que te sentes nel. O mesmo que un colchón, podes ler as mellores características, pero non sabes se para ti é confortable ou non a non ser que o probes. A venda online véxoa moi ben, pero o trato persoal e probar o produto é outra cousa. Entón, estámonos preparando sobre todo para a venda en liña de cousas pequenas, unha lámpada é o mesmo que a vexas en tenda que na internet. Decoración? Pasa o mesmo. Un sofá xa hai que probalo. 

O caso é que despois do parón inicial se deu certa recuperación na venta de mobles e decoración, un sector que necesita dun desembolso. Hai cartos nesta crise?

Si, hai diñeiro. A xente non tivo unhas vacacións, deixouse o café no bares de todos os días, ou as cervexas…e invístese na casa porque a casa agora é un refuxio e ti queres un refuxio confortable. O que investía en lecer utilizouse nos mobles.

Vai haber un baixón enorme. Grandes empresas quedaron coa metade do persoal, cos ertes houbo empresa que viron que coa metade de xente podíase desenvolver o mesmo traballo, máis lento. Houbo un boom, pero a partir de agora se ti non tes unha estabilidade económica vas pensar moitas cousas e estase falando de subir o IVE. 

Muebles La Talla / XdL

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...